VOLTA CICLISTA A ESPAÑA 2021
A Volta Ciclista a España 2021 (A Volta 21) componse de 21 etapas e cubrirá unha distancia total de 3.417 quilómetros. Desde hoxe, sábado 14 de agosto, ata o domingo 5 de setembro. Terá 8 etapas chairas (2 delas con final no alto), 4 etapas de media montaña, 7 etapas de montaña, 2 contrarreloxos individuais, e 2 días de descanso.
Hoxe o punto de partida, e primeira etapa, será Burgos e o remate da ronda, e última etapa, na nosa terra, Santiago de Compostela.
Pola nosa terra discorrerán as etapas 19 (3 de setembro, con remate en Monforte de Lemos, 20 (4 de setembro) entre Sanxenxo-Mos e 21 (5 de setembro) entre Padrón-Santiago de Compostela.
Toda a información sobre iste evento premendo AQUÍ.
FONTE: lavuelta.es/es
0 comentarios