ENCRUCILLADO LXXXI
VERTICAIS: 1. Arbusto da familia das cistáceas do que existen distintas especies, de ata un metro de altura, follas ovadas e flores con pétalos de cor branca con base amarela ou alaranxada 2. Instrumento de metal de grandes dimensións, variante da tuba, formado por un tubo circular que se coloca arredor do corpo e se apoia no ombro 4. Peixe mariño da familia dos gádidos do que existen varias especies, parecido á pescada, coas aletas do ventre en forma de filamento, que habita en fondos areosos e é apreciado pola súa carne delicada 6. Rei mitolóxico céltico de Galicia que é descrito como o fundador da cidade de Brigantia e o construtor dunha gran torre, identificada coa Torre de Hércules (coñecida durante a Antigüidade e a Idade Media como Farum Brigantium).
HORIZONTAIS: 3. Nome da moeda da Federación de Rusia 5. Nome polo que é coñecido o pintor galego José Otero Abeledo 7. Capital administrativa de Suráfrica 8. Organización de Países Exportadores de Petróleo 9. Arquipélago, de bloque granítico, situado no Océano Atlántico, a 10 km ao oeste de Peniche, na costa de Portugal 10. Pillabán, rapaz que comete pequenos enganos ou fraudes con habilidade e sen malicia.
0 comentarios