Blogia
vgomez
Chollo del día - Gorra Adidas 9,99 € 15 € -33%

CANTO SABES SOBRE AS ABELLAS? XV (FIN)

Remato coa serie CANTO SABES SOBRE AS ABELLAS? As abellas son insectos cruciais para a polinización, tanto de cultivos como de plantas silvestres, o seu comportamento e organización social aínda encerra misterios.

A contestación correcta á pregunta de onte, e última da serie, é 20 de maio. Designado en outubro de 2017 pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas, quere poñer en valor a súa importancia como axentes polinizadores, do mesmo xeito que bolboretas ou colibrís.

Ao instaurar este día, a ONU destacou "a necesidade urxente de abordar o problema da diminución da diversidade de polinizadores no mundo e os riscos que iso implica para a sustentabilidade da agricultura, os medios de vida do ser humano e a subministración de alimentos, recoñecendo a contribución e o papel fundamental que desempeñan as abellas e outros polinizadores na produción sostible de alimentos e a nutrición". Este día, o 20 de maio, coincide coa data de nacemento do esloveno Anton  Jansa, pioneiro nas modernas técnicas de apicultura no século  XVIII.

Ata a próxima serie!

FONTE: Idea orixinal nationalgeographic.com.es, fundacionaquae.org e aportacións propias con infor mación gal.wikipedia.org     Imaxe: muyinteresante.es

0 comentarios