Blogia
vgomez

HAMITITAN E SILUTITAN: DÚAS NOVAS ESPECIES DE DINOSAUROS XIGANTES



Un equipo de paleontólogos desenterrou os fósiles de dúas novas especies de dinosauros na rexión noroeste de China. Ámbolos grupos de fósiles pertencen a dúas especies de dinosauros xigantes, ámbolos do dobre do tamaño dun autobús, que viviron nesta zona hai uns 130 millóns de anos. Desenterrados preto da cidade de Hami no leste de Xinjiang, os enormes saurópodos, alcumados Hamititan e Silutitan, atópanse entre os primeiros vertebrados da rexión.

Os dous novos dinosauros foron bautizados como Silutitan sinensis (silu que significa Roteiro da Seda en mandarín) e Hamititan xinjiangensis, unha chiscadela á rexión onde se atopou. Ambos incorporan a palabra grega titán, que significa xigante, en referencia ao seu tamaño. Estímase que o espécime de Silutitan medía máis de 20 metros de longo, mentres que o espécime de Hamititan tiña 17 metros de longo, case tan grandes como unha balea azul (o animal vivo máis grande do noso tempo).

Non se trata de esqueletos completos, pero cos restos dispoñibles, os expertos tamén inferiron que terían pescozo longo, cola longa e patas grosas e que probablemente pesaban unhas 40 e 35 toneladas, respectivamente. A forma e as cristas ao longo das vértebras suxiren que pertencía a unha familia desaurópodos que abundaban tanto en Asia como en América do Sur.

Xuntos, engaden os investigadores da Academia de Ciencias de China, os dous descubrimentos ofrecen "un maior apoio para unha diversificación xeneralizada destes saurópodos durante o Cretácico Inferior de Asia".

Os expertos examinaron unha serie de fragmentos fósiles, incluídos as  vértebras e partes da caixa torácica, de tres dinosauros individuais, incluído un Hamititan, un Silutitan e o outro un saurópodo somfospondilano non identificado. (Os somfospondilanos eran un grupo de dinosauros que viviron hai 160,3 a 66 millóns de anos e caracterizábanse por características que incluían a presenza de polo menos 15 vértebras do pescozo e ósos radiais biselados). Identificaron características distintivas en todos os restos fosilizados e comparáronos con outros dinosauros saurópodos doutras partes de China e máis aló ata descubrir que os dous primeiros conxuntos de ósos pertencían a especies previamente descoñecidas.

Segundo os investigadores, a natureza das vértebras do pescozo de Silutitan suxire que pertencía a unha familia de saurópodos coñecida como Euhelopodidae, que ata a data só se desenterraron en sitios no leste de Asia. Doutra banda, Hamititan, foi identificado a partir de sete vértebras da cola, quen parece que ten similitudes con membros dos xéneros rapetosaurus e opisthocoelicaudia

O xacemento de Hami é coñecido pola abundancia de fósiles do pterosaurio Hamipterus tianshanensis, entre os que se atopan ovos e embrións perfectamente conservados.

Os fósiles de dinosauros en China foron desenterrados grazas ao esforzo de colaboración entre a Academia de Ciencias de China e o Museo Nacional de Brasil. Os achados dos fósiles de China publicáronse na revista Scientific Reports, titulada "Os primeiros dinosauros da fauna de  pterosaurios Hami do Cretácico temperán, China". A nación oriental está a experimentar unha idade de ouro da paleontoloxía, con emocionantes descubrimentos de fósiles esparexidos por todo o país.

FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es

0 comentarios