Blogia
vgomez

CANTO SABES SOBRE OS MORCEGOS? II

Continúo coa serie adicada aos morcegos, a miúdo etiquetados como pragas chupadoras de sangue ou portadoras de patógenos potencialmente mortais, como os coronavirus, pero esa reputación oculta todas as cousas boas que fan, desempeñando un papel crucial en moitos ecosistemas ao polinizar plantas e cultivos, e regular as poboacións de insectos.

A contestación correcta á pregunta de onte é Quirópteros. Os morcegos pertencen a un grupo especial de mamíferos placentarios voadores chamados quirópteros, cuxas extremidades superiores desenvolvéronse como ás. O seu nome procede de dous vocábulos gregos, kheir (χειρ), man, e pteron (πτερον), á, que significa literalmente mans aladas, ás nas mans, ou mans nas ás.

E imos coa pregunta de hoxe!

2. Como dixemos, os morcegos son os quirópteros, con todo é posible que descoñezas o importantes que son estes dentro do grupo dos mamíferos, así que, saberías dicir que porcentaxe do total dos mamíferos coñecidos pertencen a este grupo?

- 2%

- 8%

- 20%

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal nationalgeographic.com.es/naturaleza

0 comentarios