Blogia
vgomez

TEMIBLE BALEA CON PATAS DE HAI 43 MILLÓNS DE ANOS

A ilustración mostra un exemplar de Phiomicetus anubis, unha balea anfibia que era un gran depredador / ROBERT W. BOESSENECKER

A vida xurdiu nos océanos, onde permaneceu durante case 3.500 millóns de anos. Despois, hai uns 380 millóns de anos, os primeiros tetrápodos empezaron a saír da auga para conquistar a terra. Pero, co tempo, algúns animais fixeron a viaxe contrario. É o caso dos antepasados das baleas, que se transformaron de mamíferos terrestres herbívoros parecidos aos cervos a cetáceos carnívoros e totalmente acuáticos. Neste estraño proceso evolutivo, as baleas pasaron por unha etapa semiacuática, na que o mesmo camiñaban pola terra que nadaban na auga. A estes animais coñéceselles como protocétidos.

Agora, un equipo de paleontólogos descubriu en Exipto unha destas especies de baleas anfibias, que viviu hai 43 millóns de anos. Unha tan temible que foi bautizada en honra a Anubis, deus exipcio da morte.

Phiomicetus anubis medía tres metros de lonxitude, pesaba uns 600 quilos e posuía un cranio similar á cabeza de chacal de Anubis. A súa mandíbula era moi poderosa, polo que podería esnaquizar ás súas presas, entre elas crocodilos, pequenos mamíferos e as crías doutras especies de balea. Probablemente era un depredador superior.

Os investigadores do Centro de Paleontoloxía de Vertebrados da Universidade de Mansoura (MUVP) descubriron os restos desta balea en 2008, durante unha expedición na depresión do Fayún, cara ao sur do delta do Nilo, ben coñecida polos fósiles de vida mariña da época do Eoceno, de hai 56 a 34 millóns de anos. Aínda que a área agora é desértica, no pasado estivo cuberta polo mar. Alí atopáronse "desde baleas semiacuáticas parecidas a crocodilos ata baleas xigantes totalmente acuáticas", sinala Mohamed Sameh, da Axencia Exipcia de Asuntos Ambientais, e coautor do estudo.

Os novos restos mostran que esta balea anfibia, a máis antiga de África, desenvolvera novas estratexias de alimentación. P. anubis tiña terceiros incisivos longos xunto aos seus cairos para atrapar e reter ás presas máis elusivas, como os peixes, antes de ser masticadas en anacos máis pequenos e tragadas.

Ademais, os grandes músculos da cabeza déronlle unha poderosa forza de mordida, o que lle permitiu capturar presas grandes. Os seus terribles fauces sementarían o terror nesa época.

A pesar dos recentes descubrimentos de fósiles, o panorama xeral da evolución temperá das baleas en África segue sendo en gran parte un misterio, así que esta nova especie de catro patas pode axudar a rastrexar a transición das baleas da terra ao mar. "Phiomicetus anubis é unha nova especie de balea crave e un descubrimento crítico para a paleontoloxía exipcia e africana", dixo Abdullah Gohar, do MUVP e autor principal dun artigo sobre o descubrimento publicado na revista Proceedings of the Royal Society B.

FONTE: Judit de Jorge/abc.es/ciencia

0 comentarios