Blogia
vgomez

A CIENCIA NO 2020 (IX)

Continúo co repaso as noticias que marcaron o ano 2020 no eido da investigación científica, nas súas diversas disciplinas. Agora tócalle o turno ao mes de...


SETEMBRO


 

1. A detección do buraco negro máis masivo a través de ondas gravitacionais: O día 2, dous estudos publicado en Physical Review Letters e Astrophysical Journal  Letters describían a detección do buraco negro máis masivo a través de ondas gravitacionais.Os científicos do proxecto LIGO e Virgo detectaron ondas gravitacionais provenientes dunha colisión entre dous buracos negros, de masas superiores ao esperado para este tipo de eventos, dando como resultado un buraco negro de 142 masas solares, é dicir, un buraco negro de tamaño intermedio. Este tipo de buracos negros era hipotético ata o de agora. Os expertos cren que os buracos negros protagonistas da colisión, á súa vez, eran tamén froito dunha colisión anterior.

2. Descóbrese fosfano en Venus: O fosfano ou fosfina é unha molécula que, na Terra, é segregada por microorganismos en ambientes libres de osíxeno. Unha investigación publicada o día 14 por científicos do telescopio ALMA detallaba a detección de fosfano nas minchas altas de Venus, a uns 50 ou 60 quilómetros de altitude, onde a temperatura é duns 30 ºC (non tan asfixiante como os 500 ºC da súa superficie). Este descubrimento indica un posible rastro de vida microbiana, posto que o fosfano é un biomarcador. Con todo, os científicos piden ser precavidos, posto que o descubrimento realizouse ao límite dos instrumentos de detección.

Continura. Mañá outubro!

FONTE: Idea orixinal Laura Marcos/muyinteresante.es

0 comentarios