INVENTOS QUE XA EXISTEN E QUE CAMBIARÁN A NOSA VIDA
Estes son os 12 inventos que forman parte do presente e que revolucionarán o noso futuro:

Implantes neuronais, tecnoloxía para o cerebro
Estes dispositivos prometen mellorar a calidade de vida de persoas con diferentes discapacidades.

CRISPR, un invento da natureza
A edición xenómica permitirá erradicar enfermidades hereditarias, non só no paciente senón tamén nos seus descendentes.

Coches autónomos, poña o piloto automático
En 2021 chegarán aos concesionarios coches autoconducidos aptos para funcionar na cidade e autoestrada e un 99% seguros.

Grafeno, o material divino
200 veces máis resistente co acero, pero flexible e lixiero, así é o material que está chamado a cambiar a tecnoloxía.

Computación afectiva, robots e emocións
As máquinas poderán saber como nos sentimos e tomar decisións respecto a eses sentimentos, un paso máis na interactuación coa intelixencia artificial.

Realidade virtual, outros mundos
O mundo virtual empezou coma un xogo, pero agora ten o mundo laboral no punto de mira.

Baterías, toda a enerxía nunha caixa
Os acumuladores parecen cousa do pasado, pero o seu desenvolvemento será o motor principal de novos inventos como o coche sen motor.

Agricultura de precisión, controlar o campo co móbil
Coñecer ao instante todas as necesidades dos cultivos mellorará o rendimento e evitará que se perdan colleitas.

Asistentes persoais, pregúntalle a Siri
A evolución destes axudantes levaraos a interactuar con nós como se foran persoas, ler contos, decirnos o que temos que comprar.

Impresoras 3D, achegarse ao teletransporte
A UE contempla esta tecnoloxía como a que reequilibrará o sistema produtivo.

Encriptación biométrica, rasgos únicos
A principal pega do uso dos datos biométricos é a pouca regulación legal e as dúbidas sobre canto de segura son estas encriptacións.

Robots quirúrxicos, cita androide
Estes novos ciruxáns reducen ata tres veces o tamaño da incisión necesaria para operar.
FONTE: Xornal El País/Ideas
0 comentarios