AEROPORTO INTERNACIONAL DE KANSAI (XAPÓN)
Osaka unha nova infraestrutura aeroportuaria pero, como o resto de cidades de Xapón, tiña problemas de espazo. Así que a maioría das 10.000 persoas que visitaron o aeroporto internacional de Kansai ao longo do primeiro mes tras a súa inauguración, en setembro de 1994, só quería coñecer "in situ" cal fora a espectacular solución: construír o primeiro aeroporto flotante do mundo, deseñado polo arquitecto Renzo Piano. Descansa nunha illa artificial de catro quilómetros de longo por 1,2 de ancho, ancorada aos fondos da baía de Osaka, a cinco quilómetros da costa, e comunicada con ela polo ponte Porta do Ceo.
FONTE: Xornal El País e Wikipedia
0 comentarios