Blogia
vgomez

OITO LECCIÓNS DE EDUCACIÓN EMOCIONAL

 

Dracolino, Pirindicuela ou Chusco, son algúns dos personaxes que nos guían no universo de Begoña Ibarrola. O cosmos desta experta en intelixencia emocional está habitado por dragóns, fadas e animais de toda índole. Actores vergoñosos, orgullosos ou solidarios que representan o mundo emocional. A lectura, sinala a escritora, “é como un espello onde o lector vese reflectido e atopa mesmo solución aos seus problemas”. A fantasía nos seus contos ten como obxectivo axudar ao lector a comprender as súas propias emocións.

Begoña Ibarrola, licenciouse en Psicoloxía na Universidade Complutense de Madrid, é especialista en musicoterapia, intelixencia emocional e exerceu como psicóloga infantil durante quince anos. Na súa consulta descubriu que as historias eran unha poderosa ferramenta terapéutica e hoxe, envorcada na escritura, xa publicou máis de douscentos contos co núcleo nas emocións. Un extenso traballo que deu lugar ás antoloxías ’Contos para aprender a convivir’, ‘Contos para educar a nenos felices’ ou a colección ilustrada ‘Contos para sentir’.

En canto os profesores traballan as emocións cos alumnos, o clima da aula cambia, aumentan os rendementos e diminúe a ansiedade”, asegura a tamén investigadora e docente, que leva máis de dúas décadas formando a profesores e familias en educación emocional. Ibarrola soña cunha escola sen materias, inclusiva, accesible e de calidade e na que, reivindica, impulsar os estados emocionais favorables para a aprendizaxe.

0 comentarios