CANTO SABES SOBRE COGOMELOS?
A micoloxía é a ciencia que estuda os fungos. Os micólogos pescudan a taxonomía, sistemática, morfoloxía, fisioloxía, bioquímica, utilidades, e os efectos benéficos e prexudiciais das especies de fungos, que poden ser parasitos, saprófitos ou decompositores.
Un cogomelo é un fungo pluricelular que adoita medrar en lugares húmidos e pouco soleados. Hai moitas especies de cogomelos, con diferentes características e que se dan en diferentes ecosistemas. A época na que se fan visíbles en superficie é, para a maior parte deles, o outono, estación na que nos atopanos, especialmente cando quenta o sol despois dunha choiva intensa.
Cada vez máis, a recollida de cogomelos para o consumo, está a proliferar. Hai que recordar que só debemos recoller aquelas especies que sen dúbida algunha coñezamos ben. Sempre hai que ir á máxima seguridade e ante a dúbida consultar con algún experto. E sempre, cesta e navalla como compañeiras da viaxe.
Pois ben, imos poñer a proba os teus coñecementos sobre os cogomelos. Anímaste?
Pois empezamos, cunha cuestión previa!
1. Completa correctamente con: himenio, sombreiro, micelio, volva, anel, pe, láminas.
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: Idea orixinal de es.educaplay.com e fungiturismo.com
0 comentarios