Blogia
vgomez

NOBEL DE FÍSISCA 2021

Syukuro Manabe, Klaus Hasselmann e Giorgio Parisi / Imaxe: elsiglodetorreon.com.mx

Os científicos Syukuro Manabe, Klaus Hasselmann e Giorgio Parisi foron distinguidos hoxe co Premio Nobel de Física 2021 polas súas contribucións pioneiras para o noso entendemento dos complexos sistemas físicos, comunicou o Instituto Karolinska en Estocolmo.

Este Nobel recoñece os novos métodos para describir sistemas complexos e predicir a longo prazo o seu comportamento. Un deles, de vital importancia para humanidade, é o clima da Terra.

No seu argumento, a Real Academia das Ciencias Sueca sinala que os sistemas complexos caracterízanse pola aleatoriedade e a desorde e son difíciles de entender e o premio deste ano recoñece novos métodos para describilos e predicir o seu comportamento a longo prazo.

Syukuro Suki Manabe (Ehime, 21 de setembro de 1931) é un meteorólogo e climatólogo xaponés, pioneiro no uso de computadoras para simulacións da conxectura de cambio climático global, e as variacións naturais do clima. Nacionaliade estadounidense e xaponesa dende 1975. Actualmente é  meteorólogo senior da Universidade de Princeton.

Klaus Hasselmann (Hamburgo, 25 de outubro de 1931) é un meteorólogo e climatólogo alemán. Profesor emérito da Universidade de Hamburgo.

Giorgio Parisi (Roma, 4 de agosto de 1948) é un  físico italiano, destacado polos seus traballos de Mecánica estatística e a  teoría cuántica de campos.

Parabéns!


0 comentarios