Blogia
vgomez

CANTO SABES SOBRE COGOMELOS? X

Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE COGOMELOS, na que pos a proba os teus coñecementos sobre istes fungos que adoitan medrar en lugares húmidos e pouco soleados.

A contestación correcta a proposta de onte é Cantharellus cibarius. A cantarela ou pan de cabra é un fungo basidiomiceto da familia Cantharellaceae. É un cogomelo moi apreciado polas súas calidades culinarias. Como o seu nome latino indica Cantharellus, é o diminutivo de copa, indicando desta maneira a forma máis habitual deste cogomelo (outras descricións habituais mencionan unha trompeta). A cor non é característico xa que depende das características do terreo onde medra, aínda que adoita ir entre o amarelo esbrancuxado até o laranxa. O chapeu é moi variable de tamaño e pode chegar a 6 a 10 cm. Pregues (non láminas), decurrentes. Sombreiro 1 a 12 cm, convexo no centro ou aplanado, en forma de copa e co bordo enrolado, ondulado, sinuoso e lobulado. Textura grosa e carnosa. Homoxénea (non se diferencian sombreiro e pé). Pé groso, cilíndrico e carnoso, ensanchado arriba. Carne branca que amarelenta nos bordos, compacta e lixeiramente fibrosa, moi difícil de avermar. Bo cheiro a albaricoque ou froita fresca, sabor lixeiramente picante.

E imos coa proposta de hoxe!

10.Identifica:

- Morchella esculenta

- Clavariadelphus pistillaris

- Ramaria flava

- Repolo do monte

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal de es.educaplay.com e  fichasmicologicas.com   Imaxe: es.wikipedia.org

0 comentarios