Blogia
vgomez

CANTO SABES SOBRE COGOMELOS? XVI

Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE COGOMELOS, na que pos a proba os teus coñecementos sobre istes fungos que adoitan medrar en lugares húmidos e pouco soleados.

A contestación correcta a proposta de onte é Lycoperdon perlatum . É un cogomelo coñecido como fungato e tamén chamado fungón, fungo de sapo, bufo de vella. É un tipo de cogomelo dos chamados peidos de lobo, fungos da familia das licoperdáceas de corpo frucífero globoso, abrancazados por fóra ao principio cheos dunha gleba branca, maciza (comestiblel) que ao madurar se transforma nun po pardo formado polas esporas. Membrana exterior recuberta de gránulas ou perlas, facilmente desprendibles. Ao desenterrarse o pé, toma aspecto de pera.

E imos coa última proposta da serie!

16. Identifica:

- Xerocomus chrysenteron

- Suillus bovinus

- Hygrophoropsis aurantiaca

- Lepista inversa

Mañá a solución e fin da serie!

FONTE: Idea orixinal de es.educaplay.com e micoex.org      Imaxe: francini-mycologie.fr


0 comentarios