TRES VIRTUDES PARA UNHA VIDA MÁIS PLENA
Cando se fala de “carácter”, a miúdo confúndese este concepto con “temperamento”. Pero segundo explica Rosa Rabbani, doutora en Psicoloxía Social, o carácter vai moito máis alá: “O carácter é aquilo que definen os nosos trazos, tanto positivos como negativos”. Que podemos facer para mellorar o noso carácter e ter unha vida máis plena? Segundo conta Rabbani, a clave está “en coñecernos a nós mesmos”. Coñecer as nosas fortalezas e debilidades permitiranos mellorar a autoestima e ampliar a nosa mirada interior. Fortalecer as “virtudes do carácter” é a chave que nos conduce a forxar unha identidade, asentando as bases da nosa personalidade.
Pódese educar o carácter? Para Rabbani, o carácter “non só se pode, senón que se debe educar”. E é que se non aprendemos a coñecernos desde nenos, “como saberemos cales son nosas mellores virtudes, pero tamén os trazos que debemos puír?”. Psicoloxía e ciencia únense no traballo de Rosa Rabbani: “Grazas ao concepto de neuroplasticidadr do cerebro, hoxe sabemos que o carácter está en constante evolución. E que ata o noso último alento podemos traballar en mellorar o carácter e, por tanto, a nosa vida”, conclúe.
Rosa Rabbani é doutora en Psicoloxía Social, psicóloga clínica e terapeuta familiar. É autora dos libros ‘Maternidade e traballo. Conflitos por resolver’ (2010) e ‘O bo carácter: claves para sacar partido á túa forma de ser’ (2021). Tamén forma parte do ‘Proxecto Virtudes’, un programa internacional para a educación do carácter, galardoado por Nacións Unidas como un modelo educativo apto para todas as culturas. Un dos alicerces deste programa, o manual ‘Guía de Virtudes’, foi patrocinado pola UNESCO.
0 comentarios