CANTO SABES SOBRE O ANTIGO EXIPTO? VI
Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE O ANTIGO EXIPTO. O Antigo Exipto é para moitos a civilización máis orixinal, complexa e enigmática da historia. Estamos escudriñando nesta civilización única e irrepetible!
A contestación correcta á pregunta de onte é Ademais de poder político e militar tiñan poder relixioso. O faraón, como gobernante ditaba as leis debendo gardar o maat (harmonía e orde), mantendo unidas as terras de Exipto. Por iso chamábaselle “Señor das Dúas Terras” (Alto e Baixo Exipto), contando cun gran número de ministros e funcionarios para poder gobernar o país. Tiña un visir, que era unha especie de presidente do goberno, e sempre estaba xunto ao faraón. O resto de asistentes formábano os conselleiros, escribas e gobernantes das provincias ou nomos, así coñecidos como nomarcas. Como xefe do exército, os faraóns eran adestrados como guerreiros e dirixían o exército exipcio nas batallas. Aprendía a manexar as armas desde neno. Como xefe relixioso, tiña o deber de construír templos para facer neles ofrendas aos deuses. Realizaba multitude de cerimonias para solicitar o favor dos deuses, contando coa axuda dos sacerdotes
E imos coa pregunta de hoxe!
6. Anubis, Isis e Osiris foron…
- Faraóns exipcios
- Cidades do antigo Exipto
- Deuses exipcios
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: Idea orixinal historia.nationalgeographic.com.es, orientaeduc.com e amigosdelantiguoegipto.com Imaxe: historiaeweb.com
0 comentarios