Blogia
vgomez

CANTO SABES DE XEOGRAFÍA DE ESPAÑA? XXXIII

Continúo coa serie adicada á xeografía española, xa que coñecela en profundidade non só nos axuda a entender mellor o noso país, senón tamén a interpretar como inflúe na nosa cultura, economía e formas de vida.

A contestación correcta á pregunta de onte é Mar Cantábrico. A Illa de Santa Marina ou Illa dos Jorganes é a maior das reducidas illas de Cantabria, cunha extensión de 18’5 hectáreas. Está preto da costa do municipio de Ribamontán al Mar, ao leste da boca da baía de Santander.

E imos coa pregunta de hoxe!

33. Onde se atopa o Mar Menor?

- Comunidade Valenciana

- Andalucia

- Rexión de Murcia

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Propia e es.wikipedia.org   Imaxes: bahiasantander.es e valladares.info

0 comentarios