CANTO SABES SOBRE O ANTIGO EXIPTO? VII
Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE O ANTIGO EXIPTO. O Antigo Exipto é para moitos a civilización máis orixinal, complexa e enigmática da historia. Estamos escudriñando nesta civilización única e irrepetible!
A contestación correcta á pregunta de onte é Deuses exipcios. Anubis é o nome grego do deus asociado coa morte e co Alén na relixión do Antigo Exipto. Mestre das necrópoles e patrón dos embalsamadores . Adoitaba ser representado como un cánido ou como un home con cabeza de cánido. Isis era máis prominente mitoloxicamente como a esposa e irmá de Osiris e a nai de Horus e adorábaselle como a esposa e nai arquetípica. O seu nome exipcio é Ast ("trono"), representado polo emblema que porta sobre a súa cabeza. Coñéceselle tamén como A Gran Maga, A Gran Deusa Nai, Raíña dos Deuses, A Forza Fecundadora da Natureza, Deusa da Maternidade e do Nacemento e como Señora das Pirámides en Gizeh. Osiris probablemente é o deus máis importante do panteón exipcio. Ao deus da resurrección, da rexeneración do Nilo e da fertilidade, habitualmente represéntaselle momificado, coa pel verde ou negra e cos atributos da realeza.
E imos coa pregunta de hoxe!
7. Onde está Osiris e onde está o defunto Ramsés I nesta pintura mural?
- Osiris é a primeira figura ergueita á esquerda, con cabeza de falcón, e Ramsés I é o que hai inmediatamente despois, co nemes dourado.
- Osiris é a figura de verde sentada no trono e Ramsés I a segunda figura pola dereita, co nemes escuro.
- Osiris é a figura de verde e Ramsés I a figura co nemes dourado.
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: Idea orixinal historia.nationalgeographic.com.es, orientaeduc.com e es.wikipedia.org Imaxe: historia.nationalgeographic.com.es
0 comentarios