CANTO SABES SOBRE O ANTIGO EXIPTO? XI
Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE O ANTIGO EXIPTO. O Antigo Exipto é para moitos a civilización máis orixinal, complexa e enigmática da historia. Estamos escudriñando nesta civilización única e irrepetible!
A contestación correcta á pregunta de onte é Akhenatón. Ou Amenofis IV, foi o décimo faraón da dinastía XVIII de Exipto. O seu reinado está datado en torno ao 1353-1336 a. C. e pertence ao período denominado Imperio Novo. Dentro da historia do Antigo Exipto, o seu reinado inicia o denominado Período de Amarna, debido ao nome árabe actual do lugar elixido para fundar a nova capital: a cidade de Ajetatón, isto é, “Horizonte de Atón”. No cuarto ano do seu reinado, cambiou o seu nome a Neferjeperura Ajenatón. Para oporse ao poder da hexemónica clase sacerdotal, Akhenatón xerou unha reforma relixiosa ao redor dun novo culto monoteísta, o atonismo, ao redor dun Deus-Sol (como o era anteriormente Ra) único, chamado Atón. Atón simbolizábase cun gran disco solar alado, do que saían brazos en disposición radial, que acababan en mans co signo ankh da vida, para recoller as ofrendas, dando a cambio luz e vida). Representábase cunha serpe. O faraón era o único profeta de Deus e intermediario ante os homes. (Quizais este foi o comezo da primeira relixión monoteísta.)
E imos coa pregunta de hoxe!
11. Cantas dinastías reinaron en Exipto antes da conquista de Alexandro Magno?
- 31
- 41
- 51
- 61
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: Idea orixinal historia.nationalgeographic.com.es, jotdown.es e es.wikipedia.org Imaxe: astelus.com
0 comentarios