A SONDA PARKER "TOCA" O SOL
Esta ilustración amosa a sonda solar Parker acadando a atmosfera exterior do Sol (NASA)
Un novo fito para a ciencia: unha nave espacial da NASA tocou oficialmente o Sol, afundíndose a través da atmosfera solar inexplorada ata agora e coñecida como coroa.
A sonda espacial partiu o 12 de agosto de 2018 nunha misión histórica para estudar a nosa estrela. Loitou contra temperaturas de máis de 2.000 ºC e radiación 500 veces máis forte que na Terra cando fixo a súa oitava aproximación ao corpo celeste, pasando finalmente a través da súa atmosfera superior. Aínda que o voo tivo lugar en abril, os científicos tiveron que esperar para confirmar que Parker viaxou a través da coroa, tras os meses que tardaron en chegar os datos da nave espacial.
O paso da nave a través da coroa solar permtiu unha mostraxe sen precedentes das súas partículas e campos magnéticos, abrindo un novo capítulo no campo da ciencia solar e a nosa comprensión de como se formou o sistema solar. Un dos obxectivos é aprender máis sobre como a enerxía e a calor viaxan a través da atmosfera do Sol; algo que pode revelarnos pistas sobre como se desenvolveu a vida na Terra e como xurdiron outras estrelas ao redor do universo.
No seu periplo cara á atmosfera superior do Sol, a sonda espacial Parker estableceu unha serie de marcas: converteuse no obxecto máis rápido xamais fabricado; alcanzou unha velocidade de 586.864 km/h. (o suficientemente rápido como para dar 13 voltas ao redor da Terra nunha soa hora). Iso si, superará estas cifras unha vez máis a finais deste ano despois de utilizar unha vez máis use a Venus para achegarse máis ao Sol a velocidades moito máis altas que nunca.
Voando tan preto do Sol, Parker é capaz de detectar condicións na capa dominada magnéticamente da atmosfera solar, a coroa, que nunca antes puideramos observar. De feito, podemos ver a nave espacial voando a través de estruturas coronais que se poden observar durante unha eclipse solar total.
Ao longo da súa misión de sete anos, Parker realizará un total de 26 aproximacións á estrela utilizando varias manobras de asistencia de gravidade desde Venus para achegala cada vez máis. Iste foi o oitavo e o que realmente penetrou na coroa. A sonda espacial seguirá achegándose cada vez máis ao sol e mergullándose máis profundamente na coroa ata a súa gran órbita final en 2025.
FONTE: muyinteresante.es/ciencia
0 comentarios