VIAXE AO INTERIOR DUN ESCARAVELLO
Javier Alba Tercedor, investigador da Universidade de Granada, gañou un dos premios do SkyScan Micro CT Meeting, un certamen celebrado en Bruselas (bélxica), cun vídeo que amosa unha alucinante viaxe ao interior dun escaravello acuático, o Dryops, da orde dos coleópteros. É un traballo de microtomografía computerizada, unha técnica moi empregada en medicina que permite diseccionar virtualmente calquer bichiño ínfimo e distinguir cada un dos seus órganos con cores. O resultado é unha película estética e relaxante, como se se mirase un exótico acuario, de grande interese científico.
Aquí tes un anaco do citado vídeo.
FONTE: Xornal El País/Ciencia
0 comentarios