Blogia
vgomez

CANTO SABES SOBRE O ANTIGO EXIPTO? XVII

Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE O ANTIGO EXIPTO. O Antigo Exipto é para moitos a civilización máis orixinal, complexa e enigmática da historia. Estamos escudriñando nesta civilización única e irrepetible!

A contestación correcta á pregunta de onte é O cerebro. Iste órgano era desbotado por ser considerado víscera de segunda orde, ao entender que o seu mal funcionamento era a causa de moitas enfermidades. Era extraído polos orificios do nariz, mediante uns ganchos de bronce. Pola contra, os pulmóns, o fígado, os intestinos e o estómago extraíanse, momificábanse por separado e gardábanse cada un deles nun recipiente chamado vaso canope que representaba aos fillos de Horus: Duamutef, con cabeza de chacal, protexía o estómago; Amset, con cabeza humana, gardaba o fígado; Hapy, con cabeza de babuino, os pulmóns, e Kebeshenuef, con cabeza de falcón, os intestinos (que aparecían na fotografía da pregunta).

E imos coa pregunta de hoxe!

 

17. Que son exactamente os Colosos de Memnón?

- Dúas xigantescas estatuas de pedra que representan ao faraón Amenhotep III e que foron erixidas hai uns 3.400 anos.

- Dúas xigantescas estatuas de pedra que representan ao faraón Ramsés II e que foron erixidas hai uns 3.200 anos.

- Dúas estatuas co rostro desfigurado, que representan aos dous fillos xemelgos de Cleopatra: Cleopatra Selene II e Alejandro Helios.

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal historia.nationalgeographic.com.es, es.wikipedia.org    Imaxe: historia.nationalgeographic.com.es   

0 comentarios