CANTO SABES SOBRE O ANTIGO EXIPTO? XXI
Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE O ANTIGO EXIPTO. O Antigo Exipto é para moitos a civilización máis orixinal, complexa e enigmática da historia. Estamos escudriñando nesta civilización única e irrepetible!
A contestación correcta á pregunta de onte é Zoser. Esta pirámide é a tumba do faraón Zoser de Exipto (III Dinastía, século XXVII a.C.). Coñécese tamén como pirámide de chanzos e foi edificada por Imhotep, o primeiro arquitecto de nome coñecido. É a construción máis notable da necrópole de Saqqara e foi o prototipo das pirámides de Gizeh e das restantes pirámides exipcias.
Ata a construción da pirámide de Zoser, as tumbas reais consistían en cámaras subterráneas cubertas por unha estrutura de barro en forma de pirámide truncada, chamadas mastabas. A pirámide de Zoser está feita en pedra e consiste en seis mastabas enormes, unha sobre a outra. Ademais, a pirámide encádrase nun recinto que constitúe un complexo funerario.
E imos coa pregunta de hoxe!
21. Os xeroglíficos foron un sistema de escritura inventado polos antigos exipcios. Foi utilizado desde a época pre-dinástica ata o século IV. Os antigos exipcios usaron tres tipos básicos de escritura…
- Cuneiforme, xeroglífica e hierática
- Xeroglífica, hierática e demótica
- Xeroglífica, demótica e aramea
Mañá a solución e última proposta proposta!
FONTE: Idea orixinal historia.nationalgeographic.com.es, muyhistoria.es e es.wikipedia.org Imaxe: cultura10.org
0 comentarios