Blogia
vgomez

CANTO SABES DE XEOLOXÍA XVIII

Continúo coa serie adicada á xeoloxía, esa ciencia que se adica ao é estudo da Terra, dos materiais de que está feita, a estrutura deses materiais e os procesos que actúan sobre eles, incluindo o estudo de organismos que habitaron o noso planeta e como non, o estudo de como os materiais, estruturas, procesos e organismos da Terra cambiaron co tempo.

A contestación correcta á pregunta de onte é...

Anticlinal: É un pregamento con forma de "A" ou "∩" (convexo cara arriba). Pola súa xeometría, as rochas máis antigas atópanse no núcleo ou centro do pregamento, rodeadas por rochas máis novas nos extremos.

Sinclinal: É un pregamento con forma de "V" ou "U" (cóncavo cara arriba). Debido a esta disposición, as rochas máis novas ocupan o núcleo ou centro, e as rochas máis vellas quedan cara ao exterior.

E imos coa pregunta de hoxe!

18. Completa o esquema do Ciclo da Auga.

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Propia e gl.wikipedia.org        Imaxes: aulavirtual.iesabyla.es e concepto.de

0 comentarios