Blogia
vgomez

CHEGOU O VERÁN 2026

Hoxe, 21 de xuño, ás 9:24 horas (hora peninsular española) producirase o cambio de estación, que marcará tamén a chegada do solsticio de verán, coincidindo co punto que marca o inicio astronómico da estación e que abre a porta ao período con máis horas de luz de todo o ano.

O comezo do verán está ligado directamente á posición da Terra na súa órbita. Nese momento, o eixo terrestre alcanza a súa máxima inclinación cara ao Sol no hemisferio norte, o que provoca que o astro alcance a súa maior altura sobre o horizonte ao mediodía.

Como consecuencia, rexístrase o día máis longo do ano. Durante varios días, a altura do Sol apenas varía, o que explica o termo solsticio, que significa Sol quieto. Este fenómeno marca, ao mesmo tempo, o inicio do inverno no hemisferio sur.

O verán prolongarase durante aproximadamente 93 días e 16 horas, ata o 23 de setembro, cando o equinoccio dará paso ao outono.

Trátase da estación máis longa do ano, un feito que ten a súa explicación na forma elíptica da órbita terrestre. Durante estes meses, a Terra atópase máis afastada do Sol e desprázase lixeiramente máis amodo.

Bo verán a tod@s!

0 comentarios