Blogia
vgomez

IMAXE DA NEBULOSA CHAMA CAPTURADA POR HUBBLE

Estan ebulosa de emisión está situada a uns 1.400 anos luz de distancia na constelación de Orión. Tamén coñecida como NGC 2024 e Sh2-277, a nebulosa da Chama ten aproximadamente 12 anos luz de ancho.

Foi descuberta polo astrónomo británico William Herschel o 1 de xaneiro de 1786.

"A Nebulosa da Chama é unha parte do Complexo de Nube Molecular de  Orión, que inclúe  nebulosas tan famosas como a  Nebulosa Cabeza de Cabalo e a  Nebulosa de  Orión", comentan os astrónomos do Hubble.

No centro da  nebulosa atópase un cúmulo de máis de 800 estrelas, a maioría das cales son obxectos estelares moi novos. "A nova imaxe do Hubble céntrase no corazón escuro e  poireto da  nebulosa, onde reside o cúmulo de estrelas, na súa maioría oculto á vista", dixeron os astrónomos.

"Hubble mediu a masa de estrelas no cúmulo mentres buscaba ananas marróns, un tipo de obxecto tenue que é demasiado quente e masivo para ser clasificado como un planeta, pero tamén demasiado pequeno e frío para brillar como unha estrela", aclaran os investigadores.

FONTE: muyinteresante.es

0 comentarios