Blogia
vgomez

AS MELLORES FOTOGRAFÍAS CIENTÍFICAS DE 2021

 

FOTCIENCIA é unha iniciativa organizada pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) e a Axencia Estatal Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), coa colaboración da Fundación Jesús Serra, cuxo obxectivo é achegar a ciencia á cidadanía mediante unha visión artística e estética suxerida a través de fotografías científicas que son expostas xunto cunha descrición ou comentario escrito do feito científico que ilustran. É, tamén, obxectivo desta iniciativa promover entre a comunidade científica a importancia de divulgar o seu traballo ao conxunto da sociedade.

Aquí tes a fotografía seleccionada na categoría de MICRO.

Título: O bosque de parasois    Autor: Enrique Rodríguez Cañas   Coautoría: Victoria Fernández Fernández

Equipo fotográfico: Microscopio Electrónico de Varrido Sigma 300 VP Zeiss  Magnificación: 165x, Anchura imaxe: 692.4 µm

O envés da folla de oliveira está cuberto por un denso conxunto de parasois que en realidade son pelos multicelulares. Do mesmo xeito que as antucas que usamos na praia, estas estruturas protexen a superficie da folla da radiación solar. É posible que tamén limiten a perda de auga cando se abren os estomas, que son os poros micrométricos que podemos observar na superficie cando algún dos pelos cae e queda unha calva como as que vense na imaxe en cor verde. Esta folla pertence a unha oliveira (Olea europaea) variedade Arbequina. A oliveira é unha especie arborea moi adaptada ao clima mediterráneo e resistente á escaseza de auga. As follas desa especie mostran trazos de adaptación ás esixentes condicións que se dan na época estival, como a presenza destes pelos protectores.

O resto de fotografía seleccionadas no vídeo superior ou premendo AQUÍ.

FONTE: fotciencia.es

0 comentarios