Blogia
vgomez

WOUNDA, UNHA HISTORIA DE ESPERANZA

 

A Doutora Jane Goodall conta unha historia real vivida por si mesma: ’Wounda, unha historia de esperanza’ é un relato que nos lembra que todos os seres vivos estamos conectados. Unha narración que nos convida a imaxinar e traballar xuntos por un futuro máis sustentable. Porque, como lembra Goodall: Non esquezamos que cada día, coas nosas accións, cada un de nós podemos marcar a diferenza.

Jane Goodall dedicou a súa vida ao estudo e conservación dos chimpancés e está considerada unha das mulleres científicas de maior impacto no século XX. Foi distinguida con máis de 100 galardóns internacionais como o Premio Príncipe de Asturias de Investigación en España, a Lexión de Honra da República de Francia, o título de Dama do Imperio Británico, ademais da Medalla de Ouro da UNESCO e o recoñecemento como Mensaxeira da Paz de Nacións Unidas, entre outros.

0 comentarios