CANTO SABES SOBRE APICULTURA? X
Continúo coa serie adicada á apicultura, a actividade agropecuaria que consiste na cría e explotación de abellas domésticas.
A contestación correcta á pregunta de onte é Unha soa vez (con varios machos). O apareamento das abellas iníciase cando unha abella raíña virxe voa a un sitio onde miles de abellas machos (zánganos) están a esperala. Alí aparéase con varios machos en voo. Un zángano monta á raíña e encaixa a súa endofalo, exaculando seme. Despois de exacular, o zángano sepárase da raíña pero o seu endofalo, arrincado do seu corpo, permanece atado á raíña fecundada. O próximo zángano que fertiliza á raíña elimina o endofalo anterior e despois de exacular, no mesmo proceso, perde o seu propio endofalo. O zángano só é capaz de aparearse entre sete e dez veces durante un voo nupcial. Despois da copulación os zánganos morren rapidamente dado que o seu abdome é aberto cando o seu endofalo é removido. Os zánganos que sobreviven ao voo nupcial son expulsados das súas colonias porque despois de participar no voo nupcial xa cumpriron co seu único propósito na colonia. As abellas virxes participan nun único voo nupcial, cedo na súa vida. Despois de aparearse con varios zánganos durante o voo nupcial, a raíña almacena até 100 millóns de espermatozoides dentro dos seus oviductos. Con todo, tan só 5 ó 6 millóns dos espermatozoides son almacenados dentro da espermateca da raíña. A raíña utiliza só algúns destes espermatozoides para fertilizar os ovos a través de toda a súa vida. Pero si unha raíña queda sen espermatozoides nalgún momento da súa vida, novas xeracións de raíñas se aparean para crear novas colonias. As raíñas das abellas controlan o xénero dos seus crías: cando os ovos pasan polo ovario cara ao oviducto, unha raíña pode determinar fertilizar un ovo ou non. Os ovos non fertilizados chegan a ser zánganos mentres que os ovos fertilizados convértense en obreiras ou raíñas. As obreiras non participan nos voos nupciais pero poden pór ovos infértiles que se converten en zánganos. As raíñas pon os seus ovos en celas, as cales se pegan ao teito dos niños. As obreiras enchen cada cela con xelea real para evitar que as larvas caian. As futuras obreiras son alimentadas con xelea real durante os dous primeiros días mentres que as futuras raíñas reciben xelea real durante todo o período larval. O desenvolvemento de cada membro da colonia varía segundo a caste designada: os zánganos necesitan 24 días para pasar de ovo a adulto, as obreiras necesitan 21 días e a raíña só require 16 días.
E imos coa pregunta de hoxe!
10. Que é a partoxenese?
- Método de reprodución das abellas: as raíñas poden poñer ovos fecundados e sen fecundar
- O método de críar raíñas a partir da clonación do material xenético dunha raíña selecta
- Forma de críar zánganos especialmente seleccionados para mellorar a xenética do apaiario.
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: apiculturaymiel.com e guadanatur.es Imaxe: misanimales.com
0 comentarios