XOGOS DE INVERNO 2022
Os Xogos Olímpicos de Beijing 2022, oficialmente coñecidos como XXIV Xogos Olímpicos de Inverno, comezarán mañá, 4 de febreiro, ata o día 20. As cidades de Pequín, Yanqing e Zhangjiakou serán os escenarios escollidos que verán aos mellores deportistas de inverno pelexar por unha do tres medallas.
Deportes dos Xogos Olímpicos de Inverno 2022:
- Biatlón
- Bobsleigh
- Combinada nórdica
- Curling
- Esquí acrobático
- Esquí alpino
- Esquí de fondo
- Hockey sobre xeo
- Luge
- Patinaxe artística
- Patinaxe de velocidade en pista curta
- Patinaxe de velocidade
- Saltos de esquí
- Skeleton
- Snowboard
España contará con 14 representantes e participará en seis deportes: Snowboard, Patinaxe artística, Skeleton, Esquí acrobático, Esquí alpino e Esquí de fondo.
Segue toda a información premendo AQUÍ.
Moita sorte!
0 comentarios