Blogia
vgomez

INVENTORES QUE SE ARREPENTIRON DAS SÚAS CREACIÓNS III

Continúo coa serie adicada a es serie de inventores que, a pesar de que as súas creacións coparon os titulares dos medios de comunicación da época, arrepentíronse dos seus propios inventos, atormentando continuamente a súa conciencia.

Hoxe falaremos de...

3. Mikhail Kalashnikov: AK-47

O enxeñeiro soviético e ruso Mijaíl Timoféyevich Kaláshnikov (Kuriá, 10 de novembro de 1919 - Izhevsk, 23 de dicembro de 2013) deseñou o rifle que levou o seu nome para o exército ruso ao final da Segunda Guerra Mundial despois de presenciar terribles baixas na batalla e mesmo resultar ferido el mesmo no brazo por mor dunha bomba. Foi no hospital cando comezou a deseñar unha arma, un rifle automático, que podería fabricarse de forma económica utilizando os métodos de produción en masa dispoñibles nese momento. O tenente xeral Kalashnikov viviu o suficiente como para que a súa creación fose responsable de máis mortes que calquera outro rifle de asalto. Antes de morrer enviou unha emotiva carta á Igrexa Ortodoxa Rusa na que se arrepentía de crear esta arma, sentindo “unha dor insoportable” por levar esa carga sobre os seus ombreiros; na misiva preguntábase se era culpable das mortes causadas polo seu rifle.

FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es e gl.wikipedia.org      Imaxe: coffeeordie.com

0 comentarios