OS FÓSILES MÁIS DESTACADOS DO MUNDO XI
A procura da verdade a través dunha lente científica está a permitirnos reconstruír a historia das orixes humanas a partir dos fósiles dos nosos antepasados. Afortunadamente, grazas aos fósiles, a evidencia sólida detrás da nosa imaxe da vida na Terra, temos unha boa fonte de información sobre a vida prehistórica no noso planeta.
Por raros e impresionantes que poidan ser, non todos os fósiles son igualmente famosos, ou tiveron o mesmo efecto profundo na paleontoloxía e na nosa comprensión da vida durante estes tempos remotos.
Continúo coa serie os fósiles máis destacados do mundo. Hoxe tócalle a...
11. O fósil de dinosauro mellor conservado do mundo
Borealopelta markmitchelli é unha especie de herbívoro acoirazado que viviu hai uns 110 millóns de anos, na actual Alberta (Canadá). Este dinosauro parecido a unha piña, medía 5,5 metros de longo e debía pesar 1,2 toneladas.
É un dos mellores fósiles da súa clase xamais atopados, e ofreceunos unha imaxe sen precedentes da anatomía e a vida dos dinosauros con armadura.
Este dinosauro acoirazado (parente do famoso anquilosaurio) representa unha rareza; este animal terrestre flotou durante moitos quilómetros mar dentro antes de afundirse, intacto, sepulto e finalmente recuperado millóns de anos despois.
É un dos dinosauros mellor conservados que se descubriu: non só o esqueleto principal está case completo, senón que tamén se conservan espiñas e placas óseas que compoñen a súa armadura.
FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es
0 comentarios