CANTO SABES SOBRE OS POLBOS? II
Continúo coa serie adicada aos polbos, considerados entre os animais máis intelixentes da fauna e un dos animais máis enigmáticos do océano... ou do espazo exterior...
A contestación correcta á pregunta do día anterior é Moluscos. En efecto, aínda que poida parecer que non teñen nada que ver, os polbos pertencen ao mesmo grupo de animais que os mexillóns, as ameixas, os curiosos nudibránquios e os caracois. Son animais invertebrados e unha orde de moluscos cefalópodos octopodiformes.
E imos coa pregunta de hoxe!
2. Moi ben, agora sabes que os polbos son moluscos, pero quizá teñas unha dúbida: que pasou coa súa cuncha?
- Os polbos teñen cuncha, pero é moi pequena e atópase moi escondida
- Os polbos non teñen cuncha, pero tivérona outrora e perdérona nalgún punto da súa evolución
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: nationalgeographic.com.es/naturaleza Imaxe: iStock/nationalgeographic.com.es/naturaleza
0 comentarios