CANTO SABES DE ALEMAÑA? XVI
Continúo coa serie sobre Alemaña, ese país situado no corazón de Europa, membro da Unión Europea e o motor da economía e a industria do vello continente.
A contestación correcta á pregunta de onte é Marco. O marco alemán foi a moeda oficial de Alemaña Occidental (1948-1990) e de Alemaña (1990-1999) ata a adopción do euro en 1999. Un marco alemán dividíase en 100 pfennig. Os alemáns adoitábano chamar «D-Mark». En Berlín, antes da construción do muro e nos meses seguintes á caída do mesmo foi denominado «Westmark» (marco do oeste) para distinguilo do marco da República Democrática Alemá, chamado «Ostmark» (marco do leste).
E imos coa pregunta de hoxe!
16. Cal é a relixión predominante en Alemaña?
- Cristianismo
- Islam
- Judaísmo
- Budismo
- Induísmo
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxe: es.wikipedia.org e doicheliving.com/blog
0 comentarios