A IMPORTANCIA DE ESCOITAR: EU CREO EN TI
Poucas persoas desprenden tanta simpatía como o exxogador de baloncesto Fernando Romay. Pero, de mozo, non o tivo nada fácil: con 14 anos medía dous metros, non cabía no pupitre do colexio e usaba roupa “de señor maior”. Na súa Coruña natal, era un xigante con mente de neno ao que todos sinalaban. Ata que un compañeiro animoulle a xogar ao baloncesto: “Eu era torpe e descoordinado, pero moi, moi alto”, explica. Anos despois, o Real Madrid fichouno para o seu equipo xuvenil. Alí fixéronlle ver que as súas diferenzas, en realidade, eran virtudes: “Dixéronme que me necesitaban, que a miña morfoloxía podía ser útil ao equipo”. Para Romay, isto supuxo atopar o seu sitio. Desde entón, este “xigante” entrañable anima ás persoas para entender o valor da diferenza: “Sempre hai algún lugar no que podes sentir que encaixas”, conclúe.
Fernando Romay xogou no equipo de baloncesto do Real Madrid desde 1976 ata 1993. Participou nos Xogos Olímpicos de Moscova (1980) e Los Ángeles (1984), e é famoso por ser o único español que puxo un tapón a Michael Jordan. Nos anos 80, formou parte dunha importante campaña contra as drogas dirixida á mocidade. Na actualidade traballa coa Federación Española de Baloncesto para difundir e promocionar os valores do deporte.
0 comentarios