O ARCO DA VELLA
Cando chove e fai sol, se cadra poderás ver o arco da vella. Que tamén é coñecido como arcoiris ou tornasol.
É un efecto óptico que consiste na aparición no ceo dun arco con bandas de cores, desde o vermello ata o violeta, cubrindo todo o espectro visible de luz, e que se produce como resultado da presenza simultánea da luz directa do sol e máis da chuvia.
A explicación deste meteoro atópase na dispersión cromática que provocan as pingas de auga condensada presentes no aire, descompoñendo os raios policromáticos procedentes do Sol, e desviando o raio correspondente a cada cor cun ángulo diferente. Isto á vez débese á dependencia que exhibe o índice de refracción da auga respecto da frecuencia, longura de onda ou cor da luz, resultando en diferentes ángulos de refracción para as diferentes cores.
FONTE: gciencia.com e gl.wikipedia.org
0 comentarios