CINCO ANIMAIS ASOMBROSOS QUE CONSEGUEN MOVERSE POLO AIRE SEN ÁS (II)
Contunúo coa serie adicada a cinco animais asombrosos que conseguen moverse polo aire sen ás e que desenvolveron estratexias evolutivas que lles permite planar longas distancias, e nalgúns casos, mesmo voar sen ás.
2. Manta xigante, o planador máis grande da terra
O animal máis grande do mundo capaz de planar atópase no mar. Falamos da manta xigante (Mobula birostris), un peixe enorme que pode alcanzar ata sete metros de envergadura e tres toneladas de peso.
Para prepararse, a manta prega os seus apéndices bucais contra a boca e aplana o seu corpo. Impúlsase entón coa potencia das súas aletas, a gran velocidade, rompendo a superficie da auga. Xa no aire, continúa aleteando, mentres plana ata volver caer á auga.
As razóns polas que as mantas realizan estes longos saltos fóra da auga non están claras. É improbable que o fagan para escapar dos depredadores, e dado que se alimentan de plancto, tampouco o fan para alimentarse. Propúxose, como hipótese, que poida deberse a unha forma de comunicación ou de exhibición social, aínda que o máis probable é que, simplemente, trátese dunha forma de aforrar enerxía. Aínda que o salto en si supoña un esforzo, moverse polo aire implica menor rozamento, e, por tanto, menor resistencia que facelo pola auga.
Continuará...
FONTE: muyinteresante.es/naturaleza
0 comentarios