Blogia
vgomez

ANXO CÓSMICO

Á do anxo / ESA/Hubble e NASA/ W. Keel/J. Schmidt

As galaxias son na súa maioría espazo baleiro, polo que poden atoparse e atravesarse con moi poucas colisións de estrelas. Con todo, todo o material novo que se move dunha galaxia a outra comprime nubes de gas, que colapsan en novas estrelas.

Algo similar ocorrerá nalgún momento coa galaxia que habitamos, a Vía Láctea, e Andrómeda. Nalgún momento do futuro cósmico a galaxia Andrómeda chocará coa Vía Láctea, din os astrofísicos que pasará dentro de 4 mil millóns de anos. Antes de que ocorra, o Sol xa non existirá.

Un anxo cósmico obtén as súas ás cando dúas galaxias distantes chocan. A imaxe superior, obtida polo  Hubble, recolle a colisión que tivo lugar no sistema VV689 na constelación de Leo. As delicadas ás formáronse cando as dúas galaxias, unidas  gravitacionalmente, chocaron e fusionáronse,  deformándose entre si.

Moitas colisións de galaxias son inevitables e iniciáronse hai miles de millóns de anos.

FONTE: Luca Landi/quo.eldiario.es/ciencia

0 comentarios