Blogia
vgomez

HOXE, O ASTEROIDE 418135 (2008 AG33) "POTENCIALMENTE PERIGOSO" PASARÁ PRETO DA TERRA

Unha ilustración do asteroide 418135 (20008 AG33) no espacio / NASA/JPL/Caltech

Un gran asteroide rochoso “potencialmente perigoso” hoxe, 28 de abril, preto da Terra. Segundo estima a NASA, posúe entre 780 metros e 350 de diámetro e entrará na órbita da Terra a unha velocidade de 37.400 km/h. Afortunadamente, espérase que o asteroide pase rozando o noso planeta sen risco de impacto.

A gran rocha, denominada 418135 (2008 AG33), no seu punto máis próximo, viaxa a máis de 30 veces á velocidade do son. Achegarase a uns 3,2 millóns de quilómetros da Terra, o que equivale, aproximadamente, a oito veces a distancia media entre a Terra e a Lúa. Isto pode parecer unha gran distancia, pero non é así segundo os estándares cósmicos.

A NASA marca como obxecto próximo á Terra calquera elemento que se achegue a menos de 193 millóns de quilómetros e denomina como potencialmente perigoso calquera obxecto de movemento rápido que se atope a menos de 7,5 millóns de quilómetros. Unha vez marcados os obxectos, os astrónomos vixíanos de preto, buscando calquera desviación da súa traxectoria prevista que poida poñelos en curso de colisión coa Terra.

Este asteroide foi descuberto por primeira vez o 12 de xaneiro de 2008 polos topógrafos do observatorio SkyCenter do Monte Lemmon, en Arizona, e pasou por última vez xunto á Terra o 1 de marzo de 2015, segundo o Centro de Estudos de Obxectos Próximos á Terra (CNEOS) da NASA. O asteroide pasa polo noso planeta aproximadamente cada sete anos, e prevese que o próximo sobrevoo sexa o 25 de maio de 2029.

FONTE: gciencia.com

0 comentarios