Blogia
vgomez

BanPe?

 

BanPe? Si, o  Banco Peregrino!  Pero este non é un simple banco, pois leva un código QR e só necesitas o teu teléfono móbil para lelo e aventurarche no lugar no que te atopas. Unha viaxe polos lugares de interese do municipio, os albergues próximos, restaurantes, etc. Información imprescindible para poder chegar nas mellores condicións posibles a destino.

E se falas portugués, inglés, francés, alemán, etc. Non te preocupes porque o contido de Camiñando Contigo estará en varios idiomas para que todo o mundo poida viaxar connosco.

Co Banco Peregrino preténdese crear non só un banco onde sentar, senón que un elemento  humanizador do Camiño, cunha intervención minimamente agresiva coa contorna e que sexa sostible, dixital e interactivo. O deseño é sinxelo, o elemento  definitorio é a frecha amarela, sinal que todo camiñante identifica facilmente a viaxe a Compostela.

Bo Camiño!

0 comentarios