DINOSAUROS EUROPEOS VII
Continúo coa serie adicada aos dinosauros europeos, xa que case todos os países modernos de Europa foron o lugar de descanso final das especies de dinosauros.
Se onte falamos do Dolichosuchus, hoxe tócalle ao...
7. Thecodontosaurus
Thecodontosaurus é un xénero representado por unha única especie de dinosauro sauropodomorfo tecodontosáurido, que viviu no Triásico superior, no que hoxe é Europa. Thecodontosaurus era un dinosauro herbívoro que mediu aproximadamente 1,20 m de longo, 30 cm de alto e un peso estimado de 11 kg. Posuía un cranio estreito dotado de dentes curvos. O thecodontosaurus podía desprazarse tanto de forma bípeda como cuadrúpeda. É considerado herbívoro e, ás veces omnívoro polo detalle semiafilado dos seus dentes.
O primeiro espécime foi descrito e nomeado en 1840 a partir dun fragmento de mandíbula descuberto ao suroeste de Inglaterra, na localidade de Bristol. Outros descubrimentos iniciais inclúen dentes, mandíbulas, vértebras, costelas e restos de extremidades traseiras e dianteiras. Desde o seu achado inicial, descubríronse ao sur de Inglaterra e Gales moitos máis esqueletos parciais e cranios de thecodontosaurus, case todos en antigas covas ou fisuras. Ao parecer algúns destes pequenos dinosauros caeron en gretas rochosas ao pasar pola superficie calcaria do Triásico Superior. Co tempo as gretas enchéronse de lodo e area e os corpos dos animais quedaron atrapados e preservados na rocha. Os restos fósiles de Thecodontosaurus, e outro material relacionado, foron destruídos en 1940, nos bombardeos da Segunda Guerra Mundial. Con todo, máis restos foron atopados nun número de localidades, incluíndo novamente Bristol. Algo deste novo material pertence a un espécime xuvenil que pénsase que corresponde a unha especie distinta, Thecodontosaurus caducus, con todo recentemente ao identificarse diferenzas nas vértebras cervicais, cranio, e crista deltopectal, asignouse a esta especie ao xénero Pantydraco, coñecéndose agora como P. caducus. O dinosauro australiano Agrosaurus macgillivrayi é probablemente sinónimo co Thecodontosaurus antiquus.
Mañá outro dinosauro europeo!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxe: prehistoria.fandom.com/es
0 comentarios