PRESUMINDO: OS MUIÑOS DO FOLÓN E DO PICÓN
Os muíños do Folón e do Picón están declarados pola Xunta de Galicia como ben de interese cultural por ser parte do patrimonio etnográfico da noas comarca do Baixo Miño. Son un total de 60 muíños de fervenza e atopámolos dentro do concello do Rosal, na ladeira do monte Campo do Couto desde onde podemos observar tanto o val do Rosal como a desembocadura do río Miño, así como o monte de Santa Trega.
Reciben estes muíños o nome de O Folón e O Picón xustamente por discorrer polos río do mesmo nome, sendo os de Folón 36 construcións e 24 os de Picón.
Datan dos séculos XVIII e XIX aínda que os máis antigos son os número 11 e 17, datados respectivamente en 1702 e en 1715 ano de 1702
A maioría deles teñen unha estrutura de dúas plantas, na inferior chamada sarteio pódese ver aínda a maquinaria na que actúa a forza da auga; no termiñado ou planta superior é onde se atopan as moas de moer o gran comunmente feitas de pedra.
0 comentarios