Blogia
vgomez

BOLBORETAS II

Comezo, como dixemos onte, cunha galería das bolboretas máis fascinantes e bonitas do mundo. As bolboreta, eses insectos lepidópteros fáciles de observar no campo.

1. Bolboreta monarca

É, sen dúbida, a raíña. A bolboreta monarca (Danaus plexippus), orixinaria do centro e o norte de América, desde o século  XIX foi introducida en Nova Zelandia e en Australia.​ No Atlántico é residente nas Illas Canarias, Azores, Madeira e Andalucía, e atópase como unha ocasional migrante en Europa Occidental. É coñecida polo seu gran tamaño e polas súas espectaculares migracións, das máis longas descritas no mundo dos insectos.

As súas ás son de cor laranxa con liñas negras e é facilmente reconocible. A xeración de outono posúe unha gran resistencia e a lonxevidade de ata nove meses, mentres que outras xeracións poden vivir ata 24 días. Grazas a estas características pode viaxar ata 4.000 quilómetros desde Canadá e o norte de Estados Unidos ata os bosques de oyamel (Abies religiosa) no centro de México e de regreso.

 Ten unha envergadura de entre 8,9 e 10,2 cm.​ A femia ten veas negras, grosas nas súas ás;​ as do macho, ademais de ser máis delgadas teñen unha mancha escura no centro dunha vea de cada á posterior; é unha  glándula que produce feromonas,​ e ademais, é lixeiramente máis grande. Os adultos pesan ao redor de medio gramo.

En xeral a bolboreta monarca vive 4 días como ovo, 2 semanas como eiruga, 10 días como crisálide e de 2 a 6 semanas como adulto ou imago. Reprodúcese principalmente en zonas abertas, pasteiros, campos de cultivo, etc., onde medran as asclepias (ou algodoeiros) que necesita para o desenvolvemento da larva.

FONTE: muyinteresante.es/naturaleza  e  es.wikipedias.org    Imaxe:Derek Ramsey e Cyanocorax/es.wikipedia.org

0 comentarios