DINOSAUROS AFRICANOS V
Continúo coa serie adicada aos dinosauros africanos, xa que este gran continente ten moitas especies deles.
Se onte falamos do Afrovenator, hoxe tócalle ao...
5. Aardonyx
Aardonyx celestae é a única especie coñecida do xénero extinto Aardonyx de dinosauro sauropodomorfo, que viviu a comezos do período Xurásico, hai aproximadamente 195 millóns de anos durante o Hettangiense, no que hoxe é África. Foi achado nos arredores dunha granxa no pobo Rosendal, Provincia do Estado Libre, Sudáfrica, en sedimentos da Formación Elliot Superior.
Aardonyx celestae medía 7 metros de lonxitude e 1.8 de altura, aínda que algunhas estimacións son de ata 9 metros. O seu peso roldaba os 350 quilogramos.
Paleoreconstrución do Aardonyx, por Matthew Bonnan/es.wikipedia.org
Sobre a base da estrutura das extremidades traseiras e cintura pélvica do Aardonyx, pódese inferir que o dinosauro normalmente trasladouse en forma bípeda pero podía cambiar ao movemento cuadrúpedo similar ao Iguanodon. Comparte algúns atributos cos xigantes saurópodos cuadrúpedos como Apatosaurus.
Mañá outro dinosauro africano!
FONTE: dinosaurpictures.org e es.wikipedia.org Imaxe:
0 comentarios