Blogia
vgomez

DINOSAURIOS AFRICANOS VI (FIN)

Remato coa serie adicada aos dinosauros africanos, xa que este gran continente ten moitas especies deles.

Se onte falamos do Aardonyx, hoxe tócalle ao...

6. Massospondylus

Massospondylus é un xénero extinto representado por dúas especies coñecidas de dinosauros prosaurópodos masospondílidos que viviron a principios do período Xurásico, entre 200 a 183 millóns de anos, desde o Hettangiense ao Pliensbachiense en África. 

Massospondylus foi un típico prosaurópodo de pescozo medianamente alongado e patas delgadas.​ Por un tempo creuse que Massospondylus era omnívoro pero houbo novos descubrimentos que demostran que era herbívoro. Este dato achégao máis aos seus descendentes. Para mellorar a súa dixestión tragaba pedras, probado pola presenza de gastrolitos no seu estómago, tal como facíano moitos sauropodomorfos. En cada unha das súas patas dianteiras posuía unha garra aguda no polgar que foi utilizada en defensa ou para recoller o alimento. Estudos recentes indican que Massospondylus medraba constantemente a través da súa vida útil, que posuía sacos de aire similares aos das aves, e que puido coidar das súas crías.

Este dinosauro acadaba ao redor dos 4 metros de longo e peso aproximadamente 135 quilogramos,4 aínda que algunhas estimacións suxiren uns 6 metros de longo.

FONTE: dinosaurpictures.org e es.wikipedia.org    Imaxe: es.wikipedia.org

Proximamente dinosauros americanos!

0 comentarios