Blogia
vgomez

RECICLAXE E MÚSICA



Luces tenues no estudio. Miradas cómplices que aparecen de súpeto, unha mestura de sensacións que van desde a maxia ata a expectación. Comeza a escoitarse o ingrávido levitar dos violíns, en perfecto equilibrio co ruxir duns longos tubos que serven para protexer os cables da electricidade. Conforme avanza a melodía dámonos conta de que se trata da ‘Sinfonía do Novo Mundo’ de Dvorak, pero esta vez soa dunha maneira distinta, máis especial que nunca. Resoa as latas de metal, caixas de madeira, plásticos e caldeiros de lixo. Cos cinco sentidos a flor de pel, facémonos conscientes de que reciclar soa especialmente ben por moitos motivos; o principal: o que para uns son residuos, para outros son oportunidades repletas de ilusión e creatividade.

Trátase da Orquestra da Música da Reciclaxe, unha iniciativa social inspirada na Orquestra de Instrumentos Reciclados de Cateura (Paraguai), que se trasladou a España no 2014 para ofrecer formación musical a nenos con situacións complicadas e, á vez, educar en valores como a solidariedade, a empatía, o traballo en equipo ou a disciplina. Unha orquestra que utiliza instrumentos reciclados para empaparse da fortaleza das cancións populares universais, lanzando unha mensaxe  motivador en torno ao coidado do medio ambiente e ao valor das segundas oportunidades. “Nós cremos que un novo mundo é posible, onde o problema das exclusións e da reciclaxe non sexan un problema. Acompañámoslles nese descubrimento, facémoslles sentir parte dun grupo, que se respecten máis e que loiten polo que eles necesitan. Creo que esta é a única e verdadeira fórmula de integración, a única que realmente vale a pena”, remarca Víctor Gil, director da orquestra.

A Orquestra da Música da Reciclaxe recolle o testemuño de todos aqueles que senten vivos a través da música, das segundas oportunidades, pero sobre todo do compromiso e da paixón. Ese compromiso que nos achega, elévanos e lévanos a unha sociedade máis consciente e máis xusta: “Se non tes oportunidades, é difícil avanzar, e creo que é o bonito deste proxecto, que a música, e neste caso a reciclaxe, é unha oportunidade que a xente acollerá e gozará, porque a música e a arte é unha parte fundamental para o desenvolvemento íntegro do ser humano”.

0 comentarios