Blogia
vgomez

O PEIXE MÁIS GRANDE DE AUGA DOCE, ATA AGORA

 

Unha subespecie de raia xigante capturada na parte camboxana do rio Mekong e que mide 4 metros de lonxitude e pesa 300 quilogramos é o peixe de auga doce máis grande descuberto ata a data, asegura un grupo de científicos. Un pescador local alertou ás autoridades e ao grupo Wonder of the Mekong, un proxecto conservacionista camboxano-estadounidense, tras atrapar este espécime o pasado día 13 de xuño preto da poboación Stung Treng, no noroeste de Camboxa.

Os científicos do proxecto ecoloxista, que traballa para protexer ás especies nesta zona de gran diversidade, quedaron asombrados polo tamaño do animal e tras medir a raia xigante certificaron o novo récord, aínda que non existe un rexistro oficial nin base de datos sobre peixes xigantes de auga doce.

A raia xigante foi devolta á auga tras serlle colocada unha etiqueta acústica para rastrexar o "patrón migratorio" co obxectivo de conservar esta especie catalogada como en perigo de extinción.

O récord anterior posuíao un peixe gato do Mekong que pesaba 293 quilos e foi descuberto en Tailandia en 2005, apuntou Wonder of the Mekong. "É unha criatura impresionante e é un exemplo das marabillas do Mekong. É unha marabilla da natureza", asegura o biólogo Dana Le, de Wonder of the Mekong, nun vídeo publicado este martes no perfil de Facebook do proxecto ecoloxista.

O rio Mekong destaca pola súa rica biodiversidade ao longo dos seus 4.880 quilómetros de lonxitude, o oitavo río máis longo do mundo, que flúen por China, Birmania, Laos, Tailandia, Cambodia e Vietnam. Con todo, a crecente contaminación das súas augas, a sobrepesca e a construción de numerosas presas durante o seu percorrido pon en risco a conservación deste valioso ecosistema.

FONTE: cadenaser.com

0 comentarios