Blogia
vgomez

DINOSAUROS AMERICANOS V

Continúo coa serie adicada aos dinosauros norteamericanos. Se onte falamos do Triceratops, hoxe tóaclle ao… 

5. Tyranosaurus

Tyrannosaurus rex é a única especie coñecida do xénero fósil Tyrannosaurus de dinosauro terópodo tiranosáurido, que viviu a finais do período Cretácico, hai aproximadamente entre 68 e 66 millóns de anos, no Maastrichtiense, no que é hoxe América do Norte. A súa distribución no continente foi moito máis ampla que outros tiranosáuridos. Foi un dos últimos dinosauros non avianos que existiron antes da extinción masiva do Cretácico-Terciario.

Como outros tiranosáuridos, T. rex foi un carnívoro bípedo cun enorme cranio equilibrado por unha cola longa e pesada. En relación cos seus longos e poderosos membros traseiros, os membros superiores de Tyrannosaurus eran pequenos, pero sorprendentemente fortes para o seu tamaño, e terminaban en dous dedos con garras.

 

Aínda que outros terópodos rivalizan ou superan a Tyrannosaurus rex en tamaño, aínda é o maior tiranosáurido coñecido e un dos maiores depredadores coñecidos da Terra, medindo entre 12 a 13 metros de longo, 4 metros de altura ata as cadeiras, e con pesos estimados entre 6 a 9 toneladas. Durante moito tempo foi o maior carnívoro do seu ecosistema; debeu de ser o superpredador, cazando hadrosáuridos e ceratópsidos, aínda que algúns expertos suxeriron que era principalmente carroñero. O debate de se Tyrannosaurus foi un depredador dominante ou un carroñero é un dos máis longos na paleontoloxía.

FONTE: dinosaurpictures.org e es.wikipedia.org    Imaxes: redhistoria.comMatt Martyniuk/es/wikipedia.org

Mañá outro dinosauro norteamericano!

0 comentarios