Blogia
vgomez

CANTO SABES DE CANADÁ? IX

Continúo coa serie adicada a Canadá, ese país con unha vasta extensión que o sitúan como o segundo país máis grande do mundo. Canadá é unha fusión entre diferentes culturas e tradicións ancestrais. Tamén conta cunha gran influencia do seu pasado como colonial británica e francesa.

A contestación correcta á pregunta de onte é Mackenzie. Este río flúe en dirección noroeste polo territorio de Territorios do Noroeste ata desaguar no mar de Beaufort, océano Ártico. Ten unha lonxitude de 1.738 km, pero se se considera o sistema fluvial Mckenzie-Gran lago do Escravo-dos Escravos-da Paz-lago Williston-Finlay acada os 4.241 km converténdoo no segundo río máis longo de América do Norte, tras o Misisipi-Misuri, e o 12º máis longo do mundo.​

E imos coa pregunta de hoxe!

9. Canadá ten unha infinidade de lagos, máis de 31.000, moitos compartidos con Estados Unidos. Cal é o maior lago enteiramente en Canadá?

- Gran Lago do Esclavo

- Lago Nettilling

- Gran Lago do Oso

- Lago Nipigón

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org    Imaxes: es.wikipedia.org e saberespractico.com

0 comentarios