CANTO SABES DE ARQUEOLOXÍA? XVI
Continúo coa serie Canto sabes de arqueoloxía?, na que se pon a proba os teus coñecementos sobre esta disciplina que estuda as sociedades antigas a partir dos seus restos materiais.
A contestación correcta á pregunta de onte é Bisontes europeos. Estas pinturas pertencen ao período Magdaleniense, hai uns 14.500 anos, e estes animais represéntanse en diferentes posturas e actitudes. Forman parte tamén do conxunto dous cabalos, unha cerva e unha impresionante cabeza de uro ou touro do Paleolítico xa extinguido. Para pintalos, os artistas utilizaron pedras afiadas para gravar a imaxe na rocha ou carbón e outros minerais que machucaban e despois mesturaban con auga ou graxa animal.
E imos coa pregunta de hoxe e última da serie!
16. Esta técnica arqueolóxica considérase de datación absoluta (detreminación da idade de materiais). É...
- Datación por radiocarbono
- Datación relativa
- Datación por Uranio-Chumbo
Mañá a solución e remate da serie!
FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es e gal.wikipedia.org Imaxe: desayunoconfotones.or
0 comentarios